Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
SEIS HORAS
SEIS HORAS
Publicité
Archives
18 mars 2015

EUTANASIA PARA ROBOTS

EUTANASIA PARA ROBOTS
O Museo Nacional de Tokio acolle a mostra Androide, que é humano?, unha mostra do estado de primitivismo no que estamos en relacióin aos robots antropoformes. A compañía europea presentou o robot Aldebaran, deseñado para vivir con persoas. Unha das funcións...
Publicité
Publicité
4 octobre 2011

O ACENTO GALEGO QUEDOUNOS NUN 6,8%

O acento co que falan os vellos hoteis fascíname. Gústanme eses hoteis que ocupan mazás completas porque os reformistas de primeiros do século XX os deixaron como tarefa pendente mentres derrubaban rúas completas ata acabar por esquecelos. Eses hoteis...
3 juillet 2011

A IMPOTENCIA DE BERLUSCONI

O meu dvd co 'Hamlet' que dirixiu Zefirelli debe de ser o máis paseado da Historia. Adoito collelo para o lecer e sempre regresa intacto. Dende que padezo a condición de pai, películas coma 'Kung-Fu Panda' gozan dunha inexplicada preferencia. Supoño que...
2 janvier 2009

UNHA COCIÑA VIOLETA

Acordo pola mañá e vou á cociña para tomar un café. O sol amenceu antes ca min. Sorpréndome ao descubrir que a luz forte alumea unha cociña na que todos os mobles e electrodomésticos foron forrados con veludo violeta. A idea debeu ocorrérselle á miña...
3 février 2009

OS ERDELDÚNS

Estou na praia do Boi, na banda figueirense da ría de Ribadeo. A panda do meu irmán Francis celebra unha xira sobre o areal. Como sei varios deles, sendo madrileños, teñen orixe vasca, saúdoos en euskara e aínda intento manter unha conversa nesa lingua....
Publicité
Publicité
3 février 2009

O BEBÉ DE J.

Hai moitos anos que non miro a J. Atopeino no soño desta noite. J era o máis furafollas dos mes amigos, meteuse a garda civil por tradición familiar e acabou derreado pola cocaína por falta de vontade. El está rehabilitado hai anos e así aparecía nesa...
3 mai 2010

A RECOMPENSA

CRTVG: [Un dos proxectos novos da Galega no eido cultural entrará con Oficio de palabras un espazo semanal de 30 minutos, dirixido e presentado polo escritor Xosé Carlos Caneiro , que non renunciará ao ton intimista e próximo da entrevista cultural e...
22 juillet 2010

DESENCANTO DA CARPINTEIRÍA

Cando era un mozote estaba certo de que ser escritor era o top das ilusións. Por iso, consagrei ducias de horas a ler a Kafka. Transcorridos uns anos, decateime de que imprescindibles eran os carpinteiros, os señores que nos fornecían de cousas que usamos...
22 juillet 2010

DESENCANTO DA CARPINTEIRÍA

Cando era un mozote estaba certo de que ser escritor era o top das ilusións. Por iso, consagrei ducias de horas a ler a Kafka. Transcorridos uns anos, decateime de que imprescindibles eran os carpinteiros, os señores que nos fornecían de cousas que usamos...
20 octobre 2007

CANTANTE PORTUGUES

No soño desta noite cinco membros dun grupo portugués de pop (lembro un cun xersei marrón claro con rombos verdes baixándolle polo peito en ringleira) teimaban en facerme unha proba para que eu fose o seu cantante. Eu explicaba que português falo un chisco,...
21 octobre 2007

CENTAURO ENCAMISADO

Un dos meus soños históricos favoritos, do que me lembro moitas mañás, é un no que miraba un centauro vestido cunha camisa. Pastaba nunha leira pechada por un muro de pedra. O lugar era recoñecible: ao carón do mar, na Estrada do Faro, en Ribadeo. Nun...
22 octobre 2007

A MULLER QUE FALABA EN SOÑOS

Unha moza que tiven falaba en soños. Non soamente falaba, que iso é bastante habitual, (de feito a miña filla berrou dúas veces esta madrugada: ¿Con quen estás xogando?); senón que tiña a involuntaria e incontrolada capacidade para manter conversas mentres...
26 octobre 2007

NOTURNO VENECIANO

Soño moitas veces coa miña cidade favorita. Como vivo en Lugo, preséntaseme acó. O soño é recorrente: subo dende a parte nova cara ao hostal no que vivín tres anos. É noite, as rúas semellan post-bomba H, choveu. Sempre hai algo (un escaparate, un bar,...)...
26 octobre 2007

OCAS CEGAS

Señor Vaqueiro insiste en que gusta moito dunha escea: un fato de ocas cegas que pasa correndo ficando un personaxe no medio. Eu reitero en explicarlle que todo o meu mérito nesa escea foi botarme a durmir. Soñeina moito antes de escribila, mais quixen...
9 novembre 2007

UNHAS FOTOS NO CINEMA

Estou no cinema cos meus fillos e os duns amigos. A sala é inmensa e vella, desas que teñen os butacóns granates. Quítolles unhas fotos con dous teléfonos móbiles. Empeza a película. Está protagonizada polos sobriños do Tío Gilito. nO medio da proxección,...
20 novembre 2007

LUSOFONÍA

Participo nunha xuntanza da lusofonía. Estou nun colexio sentado nunha cadeira de formica a unha mesa que rodean varios pretos das ex colonias portuguesas. Mentres un deles intenta explicarnos algo, hai outro que non nolo deixa oír de tanto rogarnos que...
26 novembre 2007

AS OPOSICIÓNS DE FRANZ

Esta noite estaba nunha aula moi grande e moi inhumana sentado nun pupitre entre centos de persoas. Participábamos nunha oposición a auxiliar administrativo do Concelllo de Lugo. Entregáronos unha folla con dúas liñas de encabezamento. A proba para a...
15 janvier 2008

AS CONVERSAS E AS LECTURAS

A primeira hora da tarde dun domingo vou ao meu dormitorio nun hostal e baixo as persianas. Prendo a lámpada da mesa de noite e métome na cama porque quero ler durante horas un libro ben gordiño. Un amigo entra na habitación e empeza a falarme. Eu estou...
3 février 2008

RECUPEREI A BH BLANCA PARA UNHA EMERXENCIA

Esta noite volvín pedalear a BH branca de cando adolescente. Había dúas compañeiras de traballo que tiñan de acudir urxentemente a un lugar nas aforas de Ribadeo para cubrir unha información e convideinas a subir no portaequipaxes para levalas. Metínas...
27 février 2008

FOLLAS DE LEITUGA AO PAIRO

A miña muller e mais eu estamos sentados nunha mesa longa, cuberta cun mantel de papel, que compartimos con outros comensais. Eles comen unha sopa de cocido densa en fideo e brillante de graxas. Eu miro o meu prato. Está cheo de auga clara na que aboian...
23 novembre 2008

CUATRO ESQUINITAS TIENE MI CAMA

Cuatro esquinitas tiene mi cama. A miña muller ocupa unha delas porque está durmindo desa banda. Na outra esquina da cabeceira hai un bispo sentado, viste o seu hábito purpurado. Non me permite deitarme, malia rogarllo eu desesperado polo sono, pero pretende...
8 janvier 2009

XOSÉ MIRANDA, XUÍZ DE GARDA

De madrugada, camiño pola avenida de Ramón Ferreiro en Lugo. As árbores da medianeira amósanse brancuxentas e o chan ten unha película de xelo. Camiño ás présas, estou indignado. Chego ao edificio dos xulgados, na praza de Avilés. Está pechado, pero ai...
19 janvier 2009

O HOME GLOBO DESINFLOUSE

Atopo un amigo de Ribadeo. Está acompañado polo seu pai. Hai uns anos o meu amigo era fillo do home máis obeso da vila, semellaba un globo aerostático que ficara no paro e que camiñaba feliz pola vila. Míroo cun aspecto completamente distinto, delgadísimo,...
22 janvier 2009

UNHA DIVERTIDA TORTURA

O teatro está cheo de espectadores. La Fura dels Baus representa Boris Gudanov coa fin de recadar fondos para Amnistía Internacional. Sobre o escenario hai un camión con dous actores, con casco, sobre saíndo na zona de carga. Fican atrapados en senllos...
21 août 2009

POR QUE ESCRIBES ESAS COUSAS SOBRE LIBROS GALEGOS?

A banqueta na que estou sentado é mullida. Enfronte teño un piano e detrás unha parede branca. Un señor de mediana idade, alto e esvelto, entra na habitación. Non podo recoñecelo, peitea o pelo moreno con raia e viste un chaleco cor verde garda civil....
Publicité
Publicité
1 2 > >>
Publicité