Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
SEIS HORAS
SEIS HORAS
Publicité
Archives
21 août 2009

POR QUE ESCRIBES ESAS COUSAS SOBRE LIBROS GALEGOS?

A banqueta na que estou sentado é mullida. Enfronte teño un piano e detrás unha parede branca. Un señor de mediana idade, alto e esvelto, entra na habitación. Non podo recoñecelo, peitea o pelo moreno con raia e viste un chaleco cor verde garda civil. Diríxese cara a min, intranquilízame o enfadado que está. Situase entre o piano e máis e eu para preguntarme, berrando, "por que escribes esas cousas sobre libros galegos? Estás amolándonos!" Eu retruco que escribo o que penso sen pensar nos efectos secundarios. El indígnase, salta sobre os meus pés mancándome a eito e marcha.

Publicité
Publicité
Commentaires
Publicité