Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
SEIS HORAS
SEIS HORAS
Publicité
Archives
22 juillet 2010

DESENCANTO DA CARPINTEIRÍA

Cando era un mozote estaba certo de que ser escritor era o top das ilusións. Por iso, consagrei ducias de horas a ler a Kafka. Transcorridos uns anos, decateime de que imprescindibles eran os carpinteiros, os señores que nos fornecían de cousas que usamos todos os días: camas, mesas, armarios. Mirar a Javier Losada e Beatriz Mato montando mobles no Ikea da Coruña devolveume ao pensamento vello: é máis admirable ser escritor. A visión devolveume a Kafka. O escritor alemán de DNI checo era o que a sociedade aletrada chamaría un 'friki', un excéntrico. Non cómpre máis ca unha conduta extravagante dun mozote que tiña asignado un cuarto con unha única ventá. Abríndoa, asomábase ao interior da sinagoga de Praga. Resulta meritorio saír medio normal dunha intimidade así.

Publicité
Publicité
Commentaires
Publicité