Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
SEIS HORAS
SEIS HORAS
Publicité
Archives
23 octobre 2007

LA PETITE MORT

Unha volta soñei que chamaba á casa dun amigo (denominareino Hadrián) co que non me atopaba había unha chea de meses. Descolgou a súa muller e se estrañou: "¡Ah! ¿Pero non o sabes? Hadrián morreu". O soño resultoume macabramente divertido, polo que telefonei a ese amigo co que non falaba dende meses atrás. Descolgou a súa muller e se estrañou: "¡Ah! ¿Pero non o sabes?" Fiquei mudo, coa alma estricada polo pánico premonitorio e pola dor. "¿Oes? ¿Estás aí?", requeriume a miña interlocutora. "Si, si", dei falado. "Non, nada; é que Hadríán e mais eu decidimos separarnos hai un par de meses". "Bueno...", contestei aliviado.

Publicité
Publicité
Commentaires
Publicité