Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
SEIS HORAS
SEIS HORAS
Publicité
Archives
1 décembre 2008

IMITADOR DE CAMILO FRANCO

Véxome tras unha mesa longa, cuberta cunha tea verde cú de botella. Teño que falar diante dun auditorio que está cheo, malia a incomodidade das butacas de madeira que deberon pertencer algún cinema vello. Enriba dela hai un micro de formas ondulantes, como se fose deseñado por Janjaap Ruijssenaars. Acaban de anunciarme que o orador previsto, Camilo Franco, non pode asistir e teño que sustituílo. Pero non abonda con cubrir o seu tempo e o seu discurso, senón que teño que facerme pasar polo propio Camilo Franco. Daquela sáeme barba, unha barbiña castaña e con manchas loiras, e o público mira para min con expectación, pero sen sorpresa porque pensa que eu son Camilo. Prodúcese logo uns intres de angustia porque temo que non vou dar desenvolvido un discurso tan fondo e comicamente explosivos coma os seus.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Podería intentalo vostede. Propóñollo como xogo, seguro que non nos desmerece.
X
Non sería difícil facelo. Un parvo por outro e xa está.
Publicité