Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

SEIS HORAS

SEIS HORAS
Publicité
Archives
31 octobre 2007

ÓLEOS PARA SUBSISTIR

Esta noite fun pintor. Debía producir e producir óleos para subsistir. Pintaba unha paisaxe montañosa e logo outra, todas moi semellantes. Nin lles daba tempo a secar antes de acaroar unhas pezas con outras. A maiores de pintar, debía aturar a somnolencia....
Publicité
Publicité
29 octobre 2007

MACACOS ARMADOS

O meu subconsciente debe de ler Seis Horas. Na anterior entrada, dicía eu que nunca soño con animais e que tiña que levalo para a cama. Ben, pois esta noite, durante o soño, tiven media ducia de macacos cunhas espadas árabes curvadas que se me deitaron...
27 octobre 2007

¿ONDE ESTÁN OS ANIMAIS?

Son consciente do poder simbólico que se lle atribúen aos animais soñados, mais nos meus soños nunca aparecen animais. Disque Borges soñaba con tigres, pois chachi para el que podía sentirse un Sandokan salgariano. Convivo diariamente cun gato, pero nin...
26 octobre 2007

OCAS CEGAS

Señor Vaqueiro insiste en que gusta moito dunha escea: un fato de ocas cegas que pasa correndo ficando un personaxe no medio. Eu reitero en explicarlle que todo o meu mérito nesa escea foi botarme a durmir. Soñeina moito antes de escribila, mais quixen...
26 octobre 2007

NOTURNO VENECIANO

Soño moitas veces coa miña cidade favorita. Como vivo en Lugo, preséntaseme acó. O soño é recorrente: subo dende a parte nova cara ao hostal no que vivín tres anos. É noite, as rúas semellan post-bomba H, choveu. Sempre hai algo (un escaparate, un bar,...)...
Publicité
Publicité
23 octobre 2007

LA PETITE MORT

Unha volta soñei que chamaba á casa dun amigo (denominareino Hadrián) co que non me atopaba había unha chea de meses. Descolgou a súa muller e se estrañou: "¡Ah! ¿Pero non o sabes? Hadrián morreu". O soño resultoume macabramente divertido, polo que telefonei...
22 octobre 2007

A MULLER QUE FALABA EN SOÑOS

Unha moza que tiven falaba en soños. Non soamente falaba, que iso é bastante habitual, (de feito a miña filla berrou dúas veces esta madrugada: ¿Con quen estás xogando?); senón que tiña a involuntaria e incontrolada capacidade para manter conversas mentres...
21 octobre 2007

CENTAURO ENCAMISADO

Un dos meus soños históricos favoritos, do que me lembro moitas mañás, é un no que miraba un centauro vestido cunha camisa. Pastaba nunha leira pechada por un muro de pedra. O lugar era recoñecible: ao carón do mar, na Estrada do Faro, en Ribadeo. Nun...
20 octobre 2007

CANTANTE PORTUGUES

No soño desta noite cinco membros dun grupo portugués de pop (lembro un cun xersei marrón claro con rombos verdes baixándolle polo peito en ringleira) teimaban en facerme unha proba para que eu fose o seu cantante. Eu explicaba que português falo un chisco,...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5
Publicité