28 avril 2009
150 CANS NO SALÓN
A miña nai mete un saco inmenso no salón da miña casa estando eu sentado nun sofá. Ela abre a grande boca de tea e ceiba 150 cans, algúns de razas perigosas. Eu sinto pánico e, dun chouto, póñome de pé no sofá.
DENTES NA LINGUA
O meu dentista, Eduardo, amósame o "estado lamentable" da miña boca. Preséntame unha radiografía, que é coma unha infografía en cor da miña boca e miro dentes solitarios na lingua e mais no padal.