SEIS HORAS

Seis horas. Jaureguizar. 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com "A responsabilidade empeza nos soños". William Butler Yeats

03 février 2009

O BEBÉ DE J.

Hai moitos anos que non miro a J. Atopeino no soño desta noite. J era o máis furafollas dos mes amigos, meteuse a garda civil por tradición familiar e acabou derreado pola cocaína por falta de vontade. El está rehabilitado hai anos e así aparecía nesa fantasía noturna, na que cadrábamos nun bar. Descubríno termando dun iogur e empecei a meterme con el. Os ollos eran azuis, sorría cos seus dentes centrais separados e deixara unha barba leve, coma papel de lixar. Amosoume ao seu fillo, ao que daba de comer. Era cuspidiño a el, pero en cativiño: nos ollos, na fenda dos dentes e na barba.

Posté par Jaureguizar à 22:48 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]


OS ERDELDÚNS

Estou na praia do Boi, na banda figueirense da ría de Ribadeo. A panda do meu irmán Francis celebra unha xira sobre o areal. Como sei varios deles, sendo madrileños, teñen orixe vasca, saúdoos en euskara e aínda intento manter unha conversa nesa lingua. Todos me miran confusos de que non lle fale o español, coma sempre.

Posté par Jaureguizar à 22:43 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

02 février 2009

UN CONCORDE CAE NA RÍA DE RIBADEO

Un Concorde vai sobrevoando a ría de Ribadeo cara ao mar cando un vendaval tira del para atrás. A ventada é tan poderosa que pon o aparello en vertical. O piloto é audaz e logra recuperar a horizontalidade, pero o sopro é irresistible e o avión acaba por envorcar sobre a ría.

Posté par Jaureguizar à 09:28 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1