22 janvier 2009
UNHA DIVERTIDA TORTURA
O teatro está cheo de espectadores. La Fura dels Baus representa Boris Gudanov coa fin de recadar fondos para Amnistía Internacional. Sobre o escenario hai un camión con dous actores, con casco, sobre saíndo na zona de carga. Fican atrapados en senllos mecanismo que semellan chaves inglesas chantadas. Cando a cabeza do mecanismo baixa, peta nas súa cabezas prodúcese un estoupido e eles rin.
21 janvier 2009
EXTRA DE BOND? PROTAGONISTA NA GALEGA?
Son as doce menos vinte pola mañá e ando correndo por unha facultade mirando por un sitio para mexar. Os baños todos están pechados por un derrube de parte do edificio. Dentro de vinte minutos, ás doce comeza a rodaxe dunha escea da nova pelicula de James Bond na que son extra e asemade, a rodaxe dunha escea dunha serie galega na que son protagonista. Estou tentado para ir onda Bond, malia que ninguén se vai decatar se falto. A miña presenza co equipo galego é determinante. A vexiga preme sobre a miña dúbida.
19 janvier 2009
O HOME GLOBO DESINFLOUSE
Atopo un amigo de Ribadeo. Está acompañado polo seu pai. Hai uns anos o meu amigo era fillo do home máis obeso da vila, semellaba un globo aerostático que ficara no paro e que camiñaba feliz pola vila. Míroo cun aspecto completamente distinto, delgadísimo, case que dá mágoa miralo. Mentres o seu fillo coméntame que padece alzheimer, el derrúbase desinflado coma un boneco inchable que alguén pinchara.
08 janvier 2009
XOSÉ MIRANDA, XUÍZ DE GARDA
De madrugada, camiño pola avenida de Ramón Ferreiro en Lugo. As árbores da medianeira amósanse brancuxentas e o chan ten unha película de xelo. Camiño ás présas, estou indignado. Chego ao edificio dos xulgados, na praza de Avilés. Está pechado, pero ai unha luz de cor amarela escura dentro. Un parella policial e somnolenta deixame pasar sen preguntar nada. Empuxo dúas portas de madeira que dan acceso ao xulgado de garda. O interior semella unha grande aula de facultade universitaria. Está chea de personas que bourean a súa indignación porque queren presentar denuncias. O xuíz está sentado tras unha mesa de profesor, de costas á entrada. Está inmovilizado por unha corda. Dáse a volta coa cabeza caída. Semella esgotado, ten olleiras e os ollos se lle pechan coma se o drogaran. Recoñézoo de contado.
02 janvier 2009
UNHA COCIÑA VIOLETA
Acordo pola mañá e vou á cociña para tomar un café. O sol amenceu antes ca min. Sorpréndome ao descubrir que a luz forte alumea unha cociña na que todos os mobles e electrodomésticos foron forrados con veludo violeta. A idea debeu ocorrérselle á miña muller mentres eu durmía. Ao primeiro, horrorízame; pero logo reparo en que é unha estética orixinal e divertida.