17 janvier 2008
QUÍMICA NO CAFÉ
Estou partillando un café cun concelleiro amigo meu e aparece no local unha conselleira á que coñezo. Dadas as súas diverxencias partidarias, temo pola química entre eles e non sei como evitar o encontro. A conselleira, moi solta ela, senta onda nós e a química entre eles flúa axeitadamente.
15 janvier 2008
AS CONVERSAS E AS LECTURAS
A primeira hora da tarde dun domingo vou ao meu dormitorio nun hostal e baixo as persianas. Prendo a lámpada da mesa de noite e métome na cama porque quero ler durante horas un libro ben gordiño. Un amigo entra na habitación e empeza a falarme. Eu estou incómodo e abro o libro para deixarlle claras as miñas intencións. El ignórame e segue latricando, mesmo entra no meu baño para usalo. Cando remata, volve lerchear. Eu desespero e espétolle que devezo por ler.