SEIS HORAS

Seis horas. Jaureguizar. 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com "A responsabilidade empeza nos soños". William Butler Yeats

26 décembre 2007

MÁQUINA DE CORTAR O PELO

Na vésperta da Noiteboa soñei con que o Olentzero me deixaba unha máquina de cortar o pelo. Houbo máquina, pero era de facer café. Estupenda.

Posté par Jaureguizar à 07:54 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]


19 décembre 2007

AUGA DE ALTA GRADUACIÓN

Estou nun aparcadoiro público sentado no chan e bebendo un gin-tonic. Aínda estou sobrio, pero teño que levar ao meu fillo Antón a outra cidade e iso me preocupa porque non debo conducir. Pregúntome por que me serviron xenebra, se eu pedín un vaso de auga

Posté par Jaureguizar à 11:50 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

04 décembre 2007

ESTÁN AQUÍ

Xa o advertían Os Resentidos. Entro na miña libraría favorita de Ribadeo, subo unhas escaleiras para mirar o fondo de libro galego e atopo que todos os títulos teñen colores rechamantes e están en xaponés.

Posté par Jaureguizar à 13:02 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1